Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/1141-1).

Expediente: IN407A 2016/1141-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT GRN-738 rúa Pasteur-Polígono da Grela.

Concello: A Coruña.

Feitos.

1. O 7 de xuño de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 31 de agosto de 2016 e no BOP do 12 de agosto.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Desmantelamento tramo liña de media tensión GRN-738 a 15 kV, cunha lonxitude de 335 m, coa orixe no apoio nº 6 existente da LMT GRN-738, no tramo entre o CT Gutemberg, nº 2 (expediente 18/94) e a derivada ao CT rúa Pasteur-Opel (expediente 52.798), condutor tipo LA-110 mm2 (para retirar) e final no CT Solórzano-Bens (expediente 30.754).

Liña de media tensión subterránea a 15 kV cunha lonxitude de 385 m, coa orixe no paso aéreo a subterráneo para realizar en apoio de celosía nº 6 existente da LMT GRN-738, no tramo entre a derivada ao CT Gutemberg 2 (expediente 18/94) e a derivada ao CT rúa Pasteur-Opel (expediente 52.798), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT Solórzano-Bens (expediente 30.754), despois de realizar entrada e saída no CT rúa Pasteur-Opel (expediente 52.798) para reformar e no CS Ipasa Bens (proxectado).

Reforma centro de tranformación rúa Pasteur-Opel (expediente 52.798), coa instalacion dun novo conxunto de celas modulares 2L + 1P con corte en SF6, que substituirán o conxunto de celas actuais.

Novo centro de seccionamento Ipasa-Bens, tipo 3L prefabricado compacto manobra exteriror.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 94.539,05 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña