Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos da Coruña e Arteixo (expediente IN407A 2016/1142-1).

Expediente: IN407A 2016/1142-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT GRN-706 polígono industrial A Artística-Meicende.

Concellos: A Coruña e Arteixo.

Feitos:

1. O 7 de xuño de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 31 de agosto de 2016 e no BOP do 12 de agosto.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións Técnicas Complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Tramo liña media tensión GRN-706 a 15 kV, cunha lonxitude de 86 m, con orixe no apoio nº 23 existente da LMT GRN-706, no tramo entre a derivada ao CT Depuradora Meicende (15PBD1) e a derivada ao CT Plásticos Barcia (15PBH4), condutor tipo LA-56 mm2 e final no apoio nº 23-1 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-706, onde se realiza a derivación ao CT campo de fútbol de Meicende (15PDW2).

– Liña de media tensión subterránea a 15 kV de 826 m de lonxitude, con orixe no paso de aéreo a subterráneo para realizar no apoio existente nº 24 da LMT GRN-706, no tramo entre a derivada ao CT campo de fútbol de Meicende (15CPW2) e a derivada ao CT Plásticos Barcia (15PBH4), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT Icona Meicende (expediente 220/2012), despois de realizar entrada e saída no CT Míguez de la Iglesia (expediente 52.474).

– Reforma do centro de transformación prefabricado Míguez de la Iglesia (expediente 52.474), cunha potencia de 400 kVA no que se instalarán un conxunto de celas modulares 2L+1P, en lugar do conxunto actual 1L+1P.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 161.690,57 euros.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña