Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución desestimatoria da axuda para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro), relativa ao expediente TR341J 2016/67-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda a resolución desestimatoria da axuda para a promoción do emprego das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 17 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341J 2016/67-2.

Nome: Manuel Terrado Lage.

DNI/NIF: 33546931M.

Último enderezo coñecido: rúa Ancares, 57-3º, 27640 Becerreá, Lugo.

Feito imputado: incumprir o artigo 13 da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.