Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53347

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (219/2009).

No procedemento de referencia ditouse sentenza o 15 de xuño de 2016 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Pedreira del Río, en nome e representación de Concepción Freire Merelas, contra Enrique Martínez Pérez, representado polo procurador Sr. Aba Veiga, contra Purificación Martínez Pérez, representada pola procuradora Sra. Guerra Fraga, e contra Violeta Ponce Pérez, Delia Ponce Pérez, Daniel Pérez Vázquez, Antonio Pérez Vázquez, María Pérez Vázquez, Benito Pérez Vázquez e María Manuela Pérez Vázquez e, en consecuencia, declaro o dereito de acceso á propiedade por parte da demandante dos predios que leva en arrendamento, logo do pagamento da cantidade de 41.518,49 euros aos propietarios daqueles e cumprimento da obriga asumida durante polo menos seis anos do seu cultivo directo e persoal.

Non se realiza especial imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander na conta deste expediente 1514 e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso”, seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Daniel Pérez Vázquez, Antonio Pérez Vázquez, María Pérez Vázquez, Benito Pérez Vázquez, María Manuela Pérez Vázquez, Violeta Ponce Pérez e Delia Ponce Pérez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 17 de xuño de 2016