Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53349

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (324/2013).

María Patiño Junquera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Galba Holdings Sarl fronte a José Luis López Mochales García e María Lourdes García Ossorio ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada pola representación procesual de Lindorff Holding Spain, S.L.U. (como sucesor procesual de Galba Holdings, S.A.R.L.) fronte a María Lourdes García Ossorio e José Luis López Mochales García (como sucesor procesual de José Luis López Mochales) e, en consecuencia, do anterior debo declarar e declaro a nulidade da cláusula do contrato de préstamo do 20 de outubro de 2009 referida a xuros moratorios, e debo condenar e condeno solidariamente os codemandados a aboar á parte demandante Lindorff Holding Spain, S.L.U., a cantidade de 17.871,94 euros, cantidade esta sobre a cal non procederá a devindicación de xuros moratorios.

Non se fai expreso pronunciamento en custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o demandado, José Luis López Mochales García, en rebeldía e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 5 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza