O representante da titularidade do centro privado Lar, en Mos, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, o CS Asistencia á dirección, o CS Animación de actividades físicas e deportivas, o CS Educación infantil e o CS Integración social.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Autorizar o CS Administración e finanzas, o CS Asistencia á dirección, o CS Animación de actividades físicas e deportivas, o CS Educación infantil e o CS Integración social, co que o centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado.
Denominación específica: Lar.
Código do centro: 36005427.
Domicilio: avda. do Rebullón, 21.
Código postal: 36416.
Localidade: Puxeiros.
Concello: Mos.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Colegio Lar, S.L.
Composición resultante:
• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.
• 12 unidades de educación primaria.
• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.
• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais, e a de Artes.
• 2 unidades de educación especial.
Formación profesional:
• CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Asistencia á dirección (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Educación infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Integración social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Educación para persoas adultas:
• Ensinanzas básicas iniciais.
• Educación secundaria para persoas adultas.
• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais, e a de Artes.
Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria