A titularidade do centro privado A Ledicia, en Carballo, solicita a extinción da autorización do segundo ciclo de educación infantil por cesamento de actividades.
O expediente tramítase de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización do segundo ciclo de educación infantil no centro privado A Ledicia, en Carballo, código 15022954.
Segundo. A presente extinción da autorización dará lugar a correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria