Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53077

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2016 pola que se nomea catedrático de universidade, con praza vinculada, a Antonio Rodríguez Núñez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión dunha praza de corpos docentes universitarios, convocada co número 2345/16 mediante resolución desta universidade do 5 de agosto de 2016 (BOE do 23 de agosto), e unha vez presentada por parte da persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, conforme o Protocolo sobre procedemento de promoción a catedrático/a do profesorado titular de universidade con praza vinculada, aprobado polo Consello de Goberno do 22 de decembro de 2010, resolveu nomear á seguinte persoa funcionaria docente universitaria:

Nome e apelidos: Antonio Rodríguez Núñez.

DNI/NIE: 35551538R.

Código da praza: A00554.

Corpo: catedrático de universidade vinculado, coa categoría asistencial de facultativo especialista de área.

Especialidade: médico especialista en pediatría.

Área de coñecemento: enfermaría.

Departamento: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública.

Institución sanitaria: Servizo de Pediatría-Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela