Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53074

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinación de servizos de enfermaría do nivel de atención primaria, publicada o día 6 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 6 de xullo).

Convocada pola Resolución do 9 de xuño de 2016 (DOG núm. 127, do 6 de xullo), a provisión de diversas prazas de coordinación de servizos de enfermaría do nivel de atención primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinación de servizos de enfermaría do nivel de atención primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada pola Resolución do 9 de xuño de 2016 (DOG núm. 127, do 6 de xullo).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes seleccionados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberán efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostesla

ANEXO

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Bertamiráns.

Apelidos e nome: San Martín López, Esclavitud.

DNI: (*) *****418N.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Boiro.

Apelidos e nome: Graña Vázquez, Elena.

DNI: (*) *****552W.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: As Fontiñas.

Apelidos e nome: Rodríguez Gerpe, Manuel Fernando.

DNI: (*) *****270T.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Oroso.

Apelidos e nome: Fernández Fernández, Manuel Vidal.

DNI: (*) *****573Z.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Santa Comba.

Apelidos e nome: Rial Negreira, María.

DNI: (*) *****406G.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Silleda-Vila de Cruces.

Apelidos e nome: Requeijo Villaverde, Beatriz.

DNI: (*) *****497P.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.