De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, convocados mediante resolución desta universidade con data do 5 de agosto de 2016 (BOE do 23 de agosto), e unha vez presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016
Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº de concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI/NIE |
Corpo |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código da praza |
2344/16 |
María Mercedes |
Díaz de Cerio Díez |
29152892R |
Catedrático de universidade |
Filoloxía grega |
Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana |
Santiago de Compostela |
A00553 |
2349/16 |
Jorge |
Sineiro Torres |
35315976M |
Titular de universidade |
Enxeñaría química |
Enxeñaría Química |
Santiago de Compostela |
C01770 |
2347/16 |
Víctor Manuel |
Brea Sánchez |
33300420P |
Titular de universidade |
Electrónica |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
C01768 |