Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53081

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4290/2008-E).

Número de identificación único: 15030 33 3 2008 0016342

Procedemento ordinario 4290/2008-E

Recorrente: Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, Federación de Asociaciones Vecinales de Ferrol Roi Xordo

Letrada: Patricia Gabeiras Vázquez/Procurador: Jorge Bejerano Pérez

Administración demandada: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Letrado da Xunta de Galicia

Codemandada: Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa)

Letrado: Carlos Martínez González. Procuradora: María Ángeles González González

No procedemento ordinario arriba indicado acordouse expedir o presente, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo o 26.7.2016.

«Decidimos que, con estimación do primeiro motivo de casación invocado e sen examinar o resto, debemos declarar e declaramos que procede o recurso interposto polo procurador Ignacio Calleja García, en nome e representación da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, contra a sentenza pronunciada, con data do 20 de marzo de 2014, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo número 4290/2008, a que, por conseguinte, anulamos, ao mesmo tempo que, con estimación do recurso contencioso-administrativo sostido pola representación procesual da referida Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá contra o Decreto 144/2007, do 9 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se aprobou o Plan de emerxencia exterior da planta de recepción, almacenamento, regasificación e expedición de gas licuado da empresa Regasificadora del Noroeste, S.A. no concello de Mugardos (A Coruña), debemos declarar que os ditos decreto e plan son contrarios ao dereito polo que os anulamos tamén, sen facer expresa condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia e neste recurso de casación. Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, debendo facerse saber ás partes, ao notificárllela que contra ela non cabe recurso ordinario ningún. Publicación. Lida e publicada que foi a anterior sentenza por Jesús Ernesto Peces Morate, maxistrado relator nestes autos, do que como letrada da Administración de xustiza, certifico».

A Coruña, 7 de novembro de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza