Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (MGT 711/2015).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 711/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Fernández Carrete contra a entidade Rocha y Blanco, S.L., sobre modificación substancial das condicións de traballo, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Acordo ter por desistida a María de los Ángeles Fernández Carrete, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, da pretensión de nulidade da modificación comunicada o 22 de setembro de 2015 contra Rocha y Blanco, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, sobresendo o proceso no que a esa acción de nulidade se refire.

Estimo a pretensión non desistida da demanda presentada por María de los Ángeles Fernández Carrete, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Rocha y Blanco, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, declaro inxustificada a modificación substancial das condicións de traballo da demandante comunicada o 22 de setembro de 2015, recoñecendo o dereito da traballadora a ser reposta nas súas anteriores condicións de traballo e condenando a demandada a aboar á demandante, en concepto de danos e perdas, as diferenzas entre as cantidades ao seu cargo efectivamente satisfeitas en consideración á media xornada imposta por esa modificación e as cantidades que á demandante correspondía percibir en consideración á súa xornada completa.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso (artigos 138.6 e 191.2.e) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Rocha y Blanco, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 8 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza