Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda), do 21 de abril de 2016, logo de terse ditado decreto do Tribunal Supremo (Sala Terceira, contencioso-administrativo) en que se declara deserto o recurso de casación 8/0001921/2016, interposto polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría de España.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4322/2014, promovido por instancia do Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra contra a Orde do 30 de xuño de 2014, de delegación de competencias no Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría de España en materia de formación continuada, ditou Sentenza do 21 de abril de 2016, que dispoñía:

«Aceptar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra contra a Orde do 30.6.2014, da Consellería de Sanidade, indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos por ser contraria ao dereito. Non se fai imposición de custas».

Posteriormente, a Sala Terceira do Tribunal Supremo (contencioso-administrativo), con data do 26 de setembro de 2016, ditou decreto no recurso de casación núm. 8/0001921/2016, interposto polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría de España contra a sentenza referida anteriormente. O Decreto do Tribunal Supremo acorda:

«Declarar deserto o recurso de casación preparado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría de España contra a Resolución do 21 de abril de 2016, ditada polo TSX de Galicia CON/AD SEC.2, con devolución a esta das actuacións recibidas».

En consecuencia, queda firme a resolución pronunciada o 21 de abril de 2016 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por canto anulaba a Orde do 30 de xuño de 2014, de delegación de competencias no citado consello xeral en materia de formación continuada.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade