Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás entidades e/ou persoas físicas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos conforme a Orde do 10 de xuño de 2016, pola que se aproba o Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 (DOG do 30 de xuño), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Comunícaselle que a devandita notificación se atopa á disposición dos interesados, das 9.00 ás 14.00 horas, na área de Administración Industrial das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43-5º andar, 36003 en Pontevedra.

Notifícaselles que dispoñen dun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para acreditar ante esta xefatura territorial o cumprimento dos requisitos exixidos de acordo coa normativa vixente para a súa inscrición no Rexistro Industrial.

De non facelo terase por decaído no cumprimento do dito trámite e dará lugar ao inicio dun expediente de inhabilitación para o exercicio da actividade, sen prexuízo das sancións que se puidesen derivar da gravidade das actuacións realizadas.

Pontevedra, 15 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Rexistro industrial: 36021026.

Interesada: Inter Motor Componentes Motores, S.L.

CIF/NIF: B36194199.

Acto notificado: requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos.

Rexistro industrial: 36012586.

Interesada: Carlos y Nieves Auto, S.L.

CIF/NIF: B36902245.

Acto notificado: requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos.

Rexistro industrial: 36026146.

Interesado: Pablo Castro Costas.

CIF/NIF: 36130013A.

Acto notificado: requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos.

Rexistro industrial: 36030206.

Interesada: Talleres Lago, C.B.

CIF/NIF: E27756766.

Acto notificado: requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos.

Rexistro industrial: 36016106.

Interesado: José Carballido Gil.

CIF/NIF: B361625568.

Acto notificado: requirimento de documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de Empresas Prestadoras de Servizos.