Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Expediente: RL 2016/0171-4.
Acta: I362016000062154.
Empresa: Moura 2005 Construcciones, S.L.
DNI/NIF: B36966414.
Enderezo: Camiño do Lago, 8, Beade.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: anexo IV, parte C, punto 3.b), artigos 11.1.c) e 19.2 e anexo IV a) punto 15.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, en relación co artigo 14.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 11.5, 11.4, 39.3.a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 12.9.2016.
Resolución: multa de 4.700 €.
Vigo, 18 de novembro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra