Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (543/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 543/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Villar Horta contra a empresa Galicarbo, S.L., José Ramón Blanco Barreiro, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decisión:

Estímase a demanda interposta por José Antonio Villar Horta fronte a Galicarbo, S.L.U. e José Ramón Blanco Barreiro e declárase a improcedencia do despedimento con efectos do 3 de xuño de 2016, e debo condenar e condeno a demandada Galicarbo, S.L.U. a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 45,74 euros diarios ou ben, por elección da demandada, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 21.010,80 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado decátase que procede a readmisión. Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada JAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicarbo, S,L,, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixados no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza