Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52952

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (835/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 835/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Balado Rodríguez e Juan José Balado Mosquera contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo fallo expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Balado Rodríguez e Juan José Balado Mosquera, contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a mercantil Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante José Manuel Balado Rodríguez a suma de 2.855,01 euros, polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 2.679,73 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato (que comporta 175,28 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo condenar e condeno a mercantil Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante Juan José Balado Mosquera a suma de 2.659,31 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 2.495,96 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato (que comporta 163,35 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza