Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52956

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (837/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 837/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Gosende López contra a empresa Sistalgon, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Alberto Gosende López, contra Sistalgon, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 3.024,74 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado sexto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, sen prexuízo do que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sistalgon, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza