Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52942

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO de notificación de sentenza (254/2015).

ORD procedemento ordinario 254/2015

Procedemento orixe: /

Sobre outras materias

Demandantes: Miguel Ángel Iglesias García, Begoña Iglesias Rodríguez

Procurador: Manuel Cabado Iglesias

Demandados: José Nieto Anido, María Milagros Ferreiro Fernández, Lucía Nieto Ferreiro, herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Ricardo Ferreiro Fernández, Pedro Ferreiro Cerreduela, Juan Ferreiro Cerreduela

Procurador: Justo Alfonso Fernández Expósito

Eu, Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo,

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario 254/2015 seguido por instancia de Miguel Ángel Iglesias García, Begoña Iglesias Rodríguez contra José Nieto Anido, María Milagros Ferreiro Fernández, Lucía Nieto Ferreiro, herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Ricardo Ferreiro Fernández, Pedro Ferreiro Cerreduela, Juan Ferreiro Cerreduela, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 88

Mondoñedo, doce de xullo de dous mil dezaseis.

Vistos por Montserrat Blanco Piñeiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Mondoñedo, os presentes autos de xuízo ordinario nº 254/2015, en exercicio de acción reivindicatoria, nulidade e cancelación de asento rexistral e rectificación de título; seguidos por instancia de Miguel Ángel Iglesias García e Begoña Iglesias Rodríguez, representados polo procurador Sr. Cabado Iglesias e asistidos pola letrada Sra. Gacio López, contra José Nieto Anido, Mª Milagros Ferreiro Fernández, Lucía Nieto Ferreiro, representados polo procurador Sr. Fernández Expósito e asistidos polo letrado Sr. Villarino Fernández, a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Ricardo Ferreiro Fernández, Pedro Ferreiro Cerreduela e Juan Ferreiro Cerreduela, en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Cabado Iglesias, en nome e representación de Miguel Ángel Iglesias García e Begoña Iglesias Rodríguez contra José Nieto Anido, María Milagros Ferreiro Fernández e Lucía Nieto Ferreiro, representados polo procurador Sr. Fernández Expósito e herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Ricardo Ferreiro Fernández (Pedro Ferreiro Cerreduela e Juan Ferreiro Cerreduela) e, en consecuencia, debo declarar e declaro que Miguel Ángel Iglesias García e Begoña Iglesias Rodríguez son propietarios da porción de terreo que se reflicte no plano elaborado polo perito José López Fernández, incluído no seu informe pericial, cunha superficie de dúas áreas e corenta e unha centiáreas e cuxos lindes son: norte, rematando en punta co camiño e co predio 2B-19; sur, con camiño; éste, máis predio 2B-19 e oeste con camiño, que forma parte e pertence ao predio 2B-19, franxa de terreo que deteñen ilexitimamente e sen título os demandados José Nieto Anido, Mª Milagros Ferreiro Fernández e Lucía Nieto Ferreiro.

Así mesmo, debo condenar e condeno José Nieto Anido, María Milagros Ferreiro Fernández e Lucía Nieto Ferreiro a deixaren libre e expedita a favor dos demandantes a parte do predio da súa propiedade ocupado e ao dispor dos seus propietarios.

Finalmente, debo declarar e declaro a nulidade e ineficacia parcial da escritura de compravenda do 22 de agosto de 1990, outorgada ante o notario de Lugo Manuel Julio Reigada Montoto, nº 1953 do seu protocolo, entre Ricardo Ferreiro Fernández e Mª Milagros Ferreiro Fernández e José Nieto Anido, que debe ser rectificada no que atinxe ao predio pola dereita entrando e en todo o que afecte en relación coa franxa de terreo anteriormente sinalada como propiedade dos demandante, e, así mesmo, debo declarar a nulidade e proceder a ordenar a cancelación do asento rexistral da inscrición 3ª do predio 11502 causado ao tomo 450, libro 72 da Pastoriza, folio 86, condenando José Nieto Anido, Mª Milagros Ferreiro Fernández e a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Ricardo Ferreiro Fernández (Juan Ferreiro Cerreduela e Pedro Ferreiro Cerreduela) a efectuaren as devanditas operacións á súa custa.

Non se fai especial pronunciamento canto ás custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo, e que deberá ser interposto, se for o caso, ante este xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, da cal se deducirá testemuño para a súa unión aos autos incluíndo o orixinal no libro das da súa clase, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Pedro Ferreiro Cerreduela, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Mondoñedo, 28 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza