Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (175/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 175/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurelio Pereiras Míguez contra Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada en data do 15 de marzo de 2016 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co nº de autos 47/16 e do auto declarando extinguida a relación laboral ditada en data do 19 de xullo de 2016 na ETX 85/16 a favor da parte executante, Aurelio Pereiras Míguez, fronte a Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios, S.L., parte executada, por importe 37.528,16 euros de principal e de 3.752,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza