Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52940

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (804/2015).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios Celso Emilio Ferreiro 7 contra o Centro de Boxeo Ifco España, S.L. e o Banco Santander Central Hispano, foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Vigo, 14 de abril de 2016

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade e declaración de dereito co número 804/2015, promovidos pola Comunidade de Propietarios do edificio nº 7 da rúa Celso Emilio Ferreiro de Vigo, representada polo procurador Sr. Gil Tránchez e asistida do letrado Sr. Cid Cid; contra o Centro de Boxeo Ifco España, S.L., en situación procesual de rebeldía, e contra o Banco Santander, representado polo procurador Sr. González-Puelles Casal e asistido do letrado Sr. Iglesias Ares.

Decido:

Estimando totalmente a demanda promovida pola representación da Comunidade de Propietarios do edificio nº 7 da rúa Celso Emilio Ferreiro de Vigo contra o Centro de Boxeo Ifco España, S.L., debo condenar e condeno o demandado Centro de Boxeo Ifco España, S.L. ao aboamento da cantidade de 1.607,27 euros, e ao pagamento das custas procesuais derivadas da acción contra el promovida.

Desestimando totalmente a demanda promovida pola representación de Comunidade de Propietarios do edificio nº 7 da rúa Celso Emilio Ferreiro de Vigo contra o Banco Santander, debo absolver e absolvo a citada demandada das pretensións contra ela sustentadas, con imposición á demandante das custas procesuais derivadas de tal acción.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso. Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, Centro de Boxeo Ifco España, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 21 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza