Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (530/2015).

Procedemento ordinario (PO) 530/2015

Sobre: ordinario

Demandante: Jesús Gutiérrez Ruiz

Avogada: Ana Belén Luaces Alvariño

Demandados: Fondo de Garantía Salarial e Transportes Logísticos Pocomaco, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 530/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Gutiérrez Ruiz contra o Fondo de Garantía Salarial e Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Gutiérrez Ruiz contra a entidade Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.379,72 euros brutos, por salarios devindicados desde o 30 de xullo ao 12 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza