Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 138/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 138/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno Otero Abal contra a empresa Marcauto Corbillón, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza con data do 19.7.16 a favor da parte executante, Bruno Otero Abal, fronte a Marcauto Corbillón, S.L., parte executada, por importe de 16.073,67 euros en concepto de principal, máis outros 1.600 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Requirir a Marcauto Corbillón, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcauto Corbillón, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza