Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52682

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (F02 541/2015).

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fai saber que no presente procedemento F02 541/2015, seguido por instancia de Sabela Virginia Sánchez Canitrot contra José Carlos Ogando Parada, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolución

Estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Francisca María Rodríguez Ambrosio, en nome e representación de Sabela Virginia Sánchez Canitrot, contra José Carlos Ogando Parada, en rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. O fillo menor, Alejandro, continuará baixo a garda e custodia da nai, Sabela Virginia Sánchez Canitrot, a quen se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade. Suspéndese o demandado no exercicio da patria potestade ata que acredite en debida forma a súa plena aptitude para o exercicio dos dereitos e deberes inherentes á patria potestade en relación co seu fillo, e sen fixar ningún réxime de visitas ao seu favor.

2. José Carlos Ogando Parada deberá aboar ao seu fillo Alejandro, en concepto de pensión de alimentos, a cantidade de 200 euros ao mes, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa. A primeira elevación producirase ao ano da entrada en vigor destas medidas.

Os gastos extraordinarios necesarios que devindiquen os fillos satisfaranos por metade ambos os dous proxenitores e quedarán concretados ao seu concepto estrito, é dicir, gastos necesarios ortopédicos, oftalmolóxicos, médicos ou farmacolóxicos non cubertos pola Seguridade Social, e outros necesarios non periódicos e de tipo imprevisible.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, que quedan advertidas de que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contado desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, José Carlos Ogando Parada, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 1 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza