Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52680

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2016 pola que se resolve o concurso específico para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Vista a proposta de adxudicación definitiva de destinos elevada polo presidente da Comisión de Valoración do concurso específico entre o persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, convocado mediante a Resolución do 29 de xuño de 2016 (DOG nº 133, do 14 de xullo) e consonte o previsto nas bases da convocatoria.

Esta reitoría en uso das competencias que lle confire a normativa vixente,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación definitiva de destinos adxudicados:

Código

Posto

Campus

Funcionaria

01100 PF1011-1

Xefe/a do Servizo da Asesoría Xurídica

Vigo

Mª José Pousa Crespo

01600 PF1012-1

Xefe/a do Servizo de Control Interno

Vigo

Margarita Cabaleiro Soto

Segundo. A data de toma de posesión no novo destino será o 15 de decembro de 2016.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 17 de novembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo