Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016 pola que se fai pública a resolución de desistencia do procedemento de contratación para a reforma da instalación eléctrica da Residencia de Maiores Porta do Camiño.

Mediante Resolución do 21 de outubro de 2016, o secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, actuando en nome e representación do conselleiro de Política Social, en virtude das facultades conferidas pola Orde do 19 de agosto de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro de 2009, acordou a resolución de desistencia do procedemento de contratación para a reforma da instalación eléctrica da Residencia de Maiores Porta do Camiño (expediente 47/2016), por erro non emendable no proxecto construtivo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, procede a interposición de recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, nos termos do artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Con carácter previo e potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición desde o día seguinte ao da súa notificación aos licitadores, nos termos dos artigos 112 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O que se notifica para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social