Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición do expediente de subvención á contratación de traballadores con discapacidade TR343A 2016/71-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente recurso de reposición.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 11 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: TR343A 2016/71-1.

Resolución desestimatoria de recurso de reposición.

Empresa: Galera 17, S.L.

NIF: B70419395.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención á contratación de traballadores con discapacidade.

Data da resolución: 20 de setembro de 2016.