Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización por procedemento aberto multicriterio, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros do Centro de Atención a Menores de Ferrol I (Virxe do Carme) (fase I), cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado: Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores). Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 31/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=30558

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: substitución das carpintarías exteriores e vidros do Centro de Atención a Menores de Ferrol I (Virxe do Carme) (fase I), cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 4 «Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores», prioridade de investimento 3, obxectivo específico 4.3.1 «Mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos», actuación 1.

(CPA: 41.00.3, 43.32, 43.34.2), (CPV: 45000000-7, 45223000-6, 45223000-7, 45223110-0).

c) División por lotes: non.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 121, do 28 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 131.052,77 €. IVE: 27.521,08 €. Importe total: 158.573,85 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 5 de outubro de 2016.

c) Contratista: Xestión Ambiental de Contratas, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 112.574,33 €. IVE: 23.640,61 €. Importe total: 136.214,94 €.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social