Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo á realización das obras de instalación de frío na lonxa de Meira-Moaña, en Pontevedra, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (eixe/medida 1.4.9) (expediente 19/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

Descrición do obxecto: realización das obras de instalación de frío na lonxa de Meira, Moaña, Pontevedra.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=53261.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm.150, do 9 de agosto de 2016.

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 164.555,67 €; IVE (21 %): 34.556,69 €. Importe total: 199.112,36 €.

Valor estimado: 164.555,67 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nun 75 % (eixe/medida 1.4.9).

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 20 de outubro de 2016.

b) Adxudicataria: Copcisa, S.A., NIF nº A08190696.

c) Importe: 147.084,30 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 2 de novembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar