Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/1238-1).

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SAD-704 contorno Faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Características técnicas:

– Adecuación da liña eléctrica de media tensión aérea SAD-704, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,177 km, coa orixe no apoio existente nº 65 proxectado da LMT SAD-704, no tramo entre o CT Punxeiro (expediente 26.745) e a derivada ao CT O Xunqueiro (expediente 25.643), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio existente nº 66 proxectado da LMT SAD-704, no tramo entre o CT Punxeiro (expediente 26.745) e a derivada ao CT O Xunqueiro (expediente 25.643).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea SAD-704 a CT Canaval, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,910 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 66 proxectado a intercalar no tramo entre o CT Punxeiro (expediente 26.745) e a derivada ao CT O Xunqueiro (expediente 25.643), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na cela de liña existente no CT Canaval (expediente 361/08).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea SAD-704 de CT Xoez a CT O Xunqueiro, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,049 km, con orixe en cela de liña proxectada que se vai instalar no CT Xoez (expediente 27.273), a reformar condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na cela de liña proxectada a instalar no CT O Xunqueiro (expediente 25.643) a reformar.

– Reforma centro de transformación Xoez (expediente 27.273), e instalación dun novo transformador, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Reforma centro de transformación O Xunqueiro (expediente 25.643), e instalación dun conxunto de celas modulares 2L+1P (quedando unha das celas de liña en reserva), cunha potencia existente de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SAD-704 contorno Faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 1.

Lugar: Trovadores.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo en pleno dominio: apoio núm. 63 - Metros cadrados 2.0.