De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 3 de novembro de 2016, sobre a modificación puntual núm. 5 do Plan xeral de ordenación municipal da Laracha, para a ordenación especial dunha parcela dotacional, concello da Laracha.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental