Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/2985-1).

Expediente: IN407A 2016/2985-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS CT rúa Castiñeiras de Abaixo, nº 20.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 106 m, con orixe nos empalmes para realizar no punto de acceso á rede existente na beirarrúa, na LMTS EPU-712B, no tramo entre o CT Santa Lucía 15CAA9 (expediente 71.118) e o CT Castiñeiras, nº 2 15CBNJ (expediente 530/05), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no novo CT proxectado (despois de facer entrada e saída).

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña