Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 143/2016).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 143/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Rodríguez Alonso e Agustín Valladares Rodiño contra a empresa Compañía de Protección e Vixilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo:

Admitindo a demanda interposta por Óscar Rodríguez Alonso e por Agustín Valladares Rodiño, condeno a empresa demandada a que lles aboe aos demandantes as cantidades, respectivamente, de 7.070 euros e 5.665,44 euros, máis o 10 % en concepto de xuros por demora.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza e consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no art. 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Compañía de Protección e Vixilancia Galaica, S.A., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza