Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 161/2016).

Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 161/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Padín Beltrán contra Euroimagen Audiovisual, S.L., sobre despedimento, ditáronse resolucións en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada o 14 de xuño de 2016 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co número de autos 173/2016 a favor do executante Diego Padín Beltrán fronte a Euroimagen Audiovisual, S.L., parte executada.

Citar de comparecencia as partes coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixar o próximo día 12 de xaneiro de 2017 ás 9.50 horas para a celebración da comparecencia

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza. Cítese o executado mediante edictos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Euroimagen Audiovisual, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza