Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51364

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1226/2015-E).

Carlota Fernández Ambros, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, fago saber:

Ditouse sentenza no xuízo verbal número 1226/2015, do 28 de xullo de 2016, en que é demandante Interfunerarias, S.L., e demandada Raquel Prainha de Assís Pedrozo.

Da devandita sentenza a interesada poderá ter coñecemento íntegro na Secretaría deste xulgado.

Contra a devandita resolución non cabe recurso (artigo 455.1 da LAC).

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Raquel Prainha de Assís Pedrozo e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no DOG, expido e asino o presente.

A Coruña, 16 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza