Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51365

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1023/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1023/2013 por instancia de José Marcos García Lado contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou Sentenza do 12.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Acéptase a demanda formulada por José Marcos García Lado fronte á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. a aboarlle a José Marcos García Lado a cantidade de seis mil trescentos corenta e nove euros (6.349 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2016

A secretaria xudicial