Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51366

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (252/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 252/2014 por instancia de Francisco Montouto Pérez contra a Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 20 de outubro de 2016, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Francisco Montouto Pérez fronte á Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España a aboarlle a Francisco Montouto Pérez a cantidade de dous mil cento trinta e sete euros con cincuenta e seis céntimos de euro (2.137,56 euros), e devindican os conceptos salariais o 10 % de xuros moratorios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

A secretaria xudicial