Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51359

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 11 de novembro de 2016 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para contratar persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo; e polo establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio das convocatorias de concurso público nas seguintes categorías:

AD1602. Profesorado axudante doutor (anexo I).

AS1602. Profesorado asociado (anexo II).

LA1602. Listas de agarda (anexo III).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario de Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, «Servizo de Persoal Docente e Investigador», premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 11 de novembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Profesorado axudante doutor (AD1602)

1. Referencia: AD1602-H12-814-AD-01. Prazas: 1.

Área: 814 Tradución e Interpretación.

Departamento: H12 Tradución e Lingüística.

Categoría: profesor/a axudante doutor/a.

Titulación: doutor/a.

Perfil: G230802 Tradución Económica Idioma 1: Inglés-Español; G230610 Tradución Idioma 2: III Inglés-Español.

Centro(s) de traballo: 301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo.

2. Referencia: AD1602-T05-605-AD-01. Prazas: 1.

Área: 605 Mecánica dos Medios Continuos e Teoría da Estrutura.

Departamento: T05 Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción.

Categoría: profesor/a axudante douto/a.

Titulación: doutor/a.

Perfil: Resistencia de Materiais e Teoría de Estruturas e Construcións Industriais.

Centro(s) de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo.

ANEXO II
Profesorado asociado (AS1602)

1. Referencia: AS1602-H05-465-A4-01. Prazas: 1.

Área: 465 Historia da Arte.

Departamento: H05 Historia, Arte e Xeografía.

Categoría: asociado/a T3-P4.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: Historia da Arte Contemporánea (G251602).

Centro(s) de traballo: 102 Facultade de Historia-Ourense.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

2. Referencia: AS1602-H10-567-A3-01. Prazas: 1.

Área: 567 Lingua Española.

Departamento: H10 Lingua Española.

Categoría: asociado/a T3-P3.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: Lingua e Literatura: Español (O05-G120603).

Centro(s) de traballo: 105 Facultade de Ciencias da Educación-Ourense.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

3. Referencia: AS1602-T03-545-A3-01-02. Prazas: 2.

Área: 545 Enxeñaría Mecánica.

Departamento: T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.

Categoría: asociado/a T3-P3.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: G380304 Deseño de Máquinas I.

Centro(s) de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

4. Referencia: AS1602-T05-605-A4-01-02. Prazas: 2.

Área: 605 Mecánica dos Medios Continuos e Teoría da Estrutura.

Departamento: T05 Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción.

Categoría: asociado/a T3-P4.

Titulación: diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica.

Perfil: Resistencia de Materiais.

Centro(s) de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

5. Referencia: AS1602-X03-170-A6-01. Prazas: 1.

Área: 170 Dereito Penal.

Departamento: X03 Dereito Público.

Categoría: asociado/a T3-P6.

Titulación:.licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: Dereito Penal II.

Centro(s) de traballo: 103 Facultade de Dereito-Ourense.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

6. Referencia: AS1602-X03-170-A6-02. Prazas: 1.

Área: 170 Dereito Penal.

Departamento: X03 Dereito Público.

Categoría: asociado/a T3-P6.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: Criminoloxía e Dereito Penitenciario, Dereito Penitenciario e Penoloxía. Lexislación.

Centro(s) de traballo: 103 Facultade de Dereito-Ourense.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

7. Referencia: AS1602-X13-150-A3-01. Prazas: 1.

Área: 150 Dereito Financeiro e Tributario.

Departamento: X13 Dereito Público Especial.

Categoría: asociado/a T3-P3.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: G270605 Tributación das Operacións Comerciais.

Centro(s) de traballo: 306 E.U. de Estudios Empresariais-Vigo.

Duración do contrato: 2º cuadrimestre.

ANEXO III
Listas de agarda (LA1602)

1. Referencia: LA1602-H05-490-CI-01.

Área: 490 Historia Moderna.

Departamento: H05 Historia, Arte e Xeografía.

Categoría: profesorado contratado interino.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: materias da área.

Baremo: A.

Observacións: materias da Área de Historia Moderna (Historia Moderna Universal [Prácticas], Historia: Metodoloxía da Historia [Prácticas], Historia Moderna de España, Historia Moderna de Galicia e Historia do Poder e das Institucións).

2. Referencia: LA1602-H12-814-CI-01.

Área: 814 Tradución e Interpretación.

Departamento: H12 Tradución e Lingüística.

Categoría: profesorado contratado interino.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: materias da área.

Baremo: B.

Observacións: Tradución Francés.

3. Referencia: LA1602-T03-545-CI-01.

Área: 545 Enxeñaría Mecánica.

Departamento: T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.

Categoría: profesorado contratado interino.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: materias da área.

Baremo: A.

4. Referencia: LA1602-X13-140-CI-01.

Área: 140 Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Departamento: X13 Dereito Público Especial.

Categoría: profesorado contratado interino.

Titulación: licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao.

Perfil: materias da área.

Baremo: A.