Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (98/2016).

Execución de títulos xudiciais 98/2016

Procedemento de orixe: Seguridade Social 656/2013

Sobre seguridade social

Demandante: TXSS

Avogado: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Demandadas: Hervás Arjona Servicios, S.L. e Galeserga, S.L.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 98/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a empresa Galeserga, S.L. e Hervás Arjona Servicios, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto o 25 de outubro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar as executadas Galeserga, S.L. e Hervás Arjona Servicios, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 51.687,57 euros en concepto de principal, máis 5.168,75 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens das executadas.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e ás executadas, Galeserga, S.L. e Hervás Arjona Servicios, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0098 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0098 16”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Galeserga, S.L. e Hervás Arjona Servicios, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza