Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 58/2016).

ETX execución de títulos xudiciais 58/2016

Procedemento orixe: procedemento ordinario 48/2014

Sobre ordinario

Demandante: Óscar Suárez Vila

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandadas: Rufei Sun y Otro, S.C., Aihua Sun

Avogado: José Mariano Sierra Rodríguez

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 58/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Suárez Vila contra a empresa Rufei Sun y Otro, S.C., Aihua Sun sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto con data do 27 de setembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dado que as partes chegaron a unha satisfacción extraxudicial da débeda reclamada na cantidade de 6.000 euros, acordo retirar o embargo imposto sobre os bens titularidade das executadas, Aihua Sun e Rufei Sun y Otro, S.C., que a seguir se determinan:

– Contas bancarias e devolucións tributarias, o que se efectuará a través do punto neutro xudicial.

De Aihua Sun:

– Predio número 16.520, inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela (letra E), expedindo para o efecto o oportuno mandamento por duplicado, unha vez que sexa firme a presente resolución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0058 16 0058 16. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo do “concepto” indicarase o número de conta 5076 0000 64 0058 16. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Rufei Sun y Otros, S.C., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza