Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 118/2016).

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en general 727/2015

Sobre despido

Demandante: María Ángeles Miguens Tubío

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Juan Manuel Vila González

Avogada: Patricia González Romero

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña) fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 118/2016, por instancia de Mª Ángeles Miguens Tubío, contra o executado Juan Manuel Vila González, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 25 de outubro de 2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia total, por importe de 841,22 euros de principal, máis 84,12 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e costas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza