Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (553/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 553/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Couceiro Pérez contra Transyband, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 279/2016.

Despedimento obxectivo individual 553/2016.

Sentenza:

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2016.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 553/2016 sobre despedimento seguidos por instancia de José Couceiro Pérez, asistido pola letrada Sra. Ángeles Cancela Regueiro, contra a empresa Transyband, S.L. e o Fogasa.

Parte dispositiva:

Estímase a demanda interposta por José Couceiro Pérez contra a empresa Transyband, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 13 de xuño de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 67,09 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 84.533,61 euros (tope máximo legal) por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación de la presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transyband, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza