Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 24 de outubro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 28 de xullo de 2016 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio 105, sito en Vimianzo, relativo ao proxecto 01544 (expediente 2015/000874).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a María del Carmen Varela Pérez o Acordo do 28 de xullo de 2016 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 105, sito en Vimianzo, relativo ao proxecto 01544, expediente 2015/000874, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con domicilio no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01544-Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. Clave: Ac/06/140.01.75..

Nº de expediente: 2015/000874.

Persoa que se notifica: María del Carmen Varela Pérez.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas da Coruña.

Expropiada: María del Carmen Varela Pérez.

Beneficiaria: Autoestrada Costa da Morte, S.A. (Soc. Conc. Xunta de Galicia).

Predio nº: 105.

Concello: Vimianzo.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 1.170,03 €.