De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a María Misa Davila o Acordo do 28 de xullo de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 175-1, sito en Vigo, relativo ao proxecto 01542, expediente 2016/000416, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con domicilio no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01542-modificado nº 1 mellora da seguridade viaria da estrada Po-325. Treito: Vigo do p.q. 0,000 ao 8,650. Clave: Po/07/045.06.1.m1 (refundido). Tm Vigo.
Nº de expediente: 2016/000416.
Persoa que se notifica: María Misa Davila.
Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.
Expropiada: María Misa Davila.
Beneficiaria: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.
Predio nº: 175-1.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Valoración da resolución do Xurado: 44,45 €.