De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Aparanda Promociones, S.L. o Acordo do 14 de xullo de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 34, sito en Sada, relativo ao proxecto 00761, expediente 2016/000237, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con domicilio no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00761-Vía Ártabra. Treito 1: N-VI Enlace de Meirás e variante de Oleiros.
Nº de expediente: 2016/000237.
Persoa que se notifica: Aparanda Promociones, S.L.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Expropiado: Aparanda Promociones, S.L.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Predio nº: 34.
Concello: Sada.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 137.942,60 €.