Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51257

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1779/2015).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Veneranda Soledad Romero Ares contra José María González Besada, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal presentada por Veneranda Soledad Romero Ares, representada pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza e asistida do letrado Sr. Vilarelle Romay, con intervención da representante do Ministerio Fiscal por concorrer un fillo menor de idade, contra José María González Besada, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede adoptar as seguintes medidas definitivas:

I. Atribución á demandante da garda e custodia sobre o fillo habido en común. A patria potestade sobre el será compartida por ambos os dous proxenitores pero o exercicio ordinario debe atribuírse en exclusiva á demandante en temas médicos, sanitarios, educativos, de empadroamento e de tramitación administrativa complementaria.

II. Ausencia de todo réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio, mentres non sexa instado por el nun ulterior proceso de modificación de medidas definitivas.

III. Fixación a cargo do demandado dunha pensión de alimentos de 250 €/mes para o citado menor, con aboamento por metade dos seus gastos extraordinarios.

A pensión de alimentos aboarase na conta bancaria que designe a demandante de maneira anticipada nos cinco primeiros días de cada mes, con actualización anual en data 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación precedente do IPC.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna o xuíz que a ditou, en audiencia pública no día da data. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, José María González Besada, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza