Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1244/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1244/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Taibo Rodríguez contra Servicios Pesqueros Pujales, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución con data do 14 de outubro de 2016, contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Servicios Pesqueros Pujales, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza