Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1016/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1016/2013, por instancia de Carlos Fernández Rodríguez contra a empresa Construmética, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 13 de setembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Carlos Fernández Rodríguez contra a entidade Construmética, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Construmética, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de nove mil novecentos cincuenta e cinco euros con trinta e nove céntimos (9.955,39 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construmética, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2016

A secretaria xudicial