Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de outubro de 2016 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na resolución ditada no procedemento administrativo, incoado para a restitución da legalidade viaria segundo o previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), de estradas de Galicia porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente V/241/15).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou, o 15 de setembro de 2016, resolución no procedemento de restitución da legalidade viaria que se indica, instruído segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), de estradas de Galicia. Na dita resolución declárase a caducidade do procedemento e disponse que por parte do servizo de infraestruturas se incoe, se é o caso, un novo procedemento de restitución da legalidade viaria polos mesmos feitos.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo da delegación da axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa e poden interpoñer recurso de alzada ante a presidenta da axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes, computado desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: V/241/15 ref. bis: 20/15 Pontevedra.

Interesado: Carlos Viéitez Fernández.

Último enderezo coñecido: Meaño.

Feitos: mantemento dun muro de peche e marquesiña incumprindo a autorización.

Estrada: PO-303, Samieira-Castrelo, p.q. 11+500.

Resolución: declaración de caducidade e orde de incoación, de ser o caso, dun novo procedemento de restitución da legalidade.