Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para o mantemento das plataformas de correo electrónico da Xunta de Galicia (expediente 28/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento das plataformas de correo electrónico da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Diario Oficial de la Unión Europea e Boletín Oficial del Estado.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 6.6.2016.

Diario Oficial de la Unión Europea: 3.6.2016.

Boletín Oficial del Estado: 6.6.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.396.642,50 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 465.547,50 €, máis 97.764,98 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 563.312,48 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 26.10.2016.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 549.152,89 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia